
Ignacio Ferreras foi o encargado de darlle vida aos personaxes creados por Paco Roca na novela gráfica Arrugas, coa que se internou, inspirado polos seus pais, no mundo da vellez, os asilos e o Alzheimer.
Para tódolos que percorrémo-lo camiño da vida, o noso maior interese é que este camino sexa ditoso. Ímonos de vacacións, sacamos fotos, mercamos música, imos cos amigos a cear ou a tomar unhas cervexas. Porlle parágrafos e capítulos á nosa historia é importante para nós. É a nosa vida.
Pero todo se pode ver truncado por unha goma de borrar implacábel que destrúa o noso fráxil manuscrito xusto cando nos achegabamos ao final do terceiro acto, cando parecía tan preto.

A amistade
Esa é a vida que non coñecíamos e que descubrimos da man de Emilio e Miguel. A dun par de amigos nun mundo onde o bo e o malo xa non é tan importante, onde vivir cada día é suficiente e o temor de non recordar cantos se viviron o inimigo a derrubar.
Este filme non sería posíbel con actores de carne e óso, porque é a síntese da banda deseñada, a ausencia de trazos realistas e a súa capacidade para ser calquera de nós, a que fai que esta película chegue ao máis fondo do corazón, sen melodramas.
Nos seus personaxes veremos a historia dos nosos anciáns pasados, actuais e futuros, é dicir, nós. Coa súa peculiar e heteroxénea forma de entende-la vida, unhas veces elixida e outras obrigada.

Naturalidade
Nada falta e nada sobra nun guión que flúe cunha abraiante naturalidade. Evitando afastarse o máis mínimo da realidade que reflicte con exactitude en tódolos detalles que Paco Roca foi recollendo mentres investigaba ese mundo invisíbel e agochado tralas fiestras de edificios aos que se lles vira as costas.
Con dous Premios Goya (Mellor película de animación e mellor guión adaptado) e unha nominación aos Premios Annie (Mellor película), o cine galego vístese de gala para facerlle un regalo ao mundo, unha película inesquecíbel que porá a Galicia no mapa do cinema internacional.
Pode haber algo máis belo que unha amizade chea de engurras?
Pasade voa noite...
No hay comentarios:
Publicar un comentario